EMOCIÓNA-T
PROXECTO EDUCACIÓN EMOCIONAL A GALAXIA DAS EMOCIÓNS Ó longo do 2º e o 3º trimestre o alumnado dos cursos de 1º ESO e FPB tivo a oportunidade de coñecerse un pouco máis a sí mesmo e a aprender a recoñecer as emocións, a nomealas e a xestionalas de xeito máis positivo e construtivo. Tamén aprenderon a tratar dixitamente as imaxes e a subir fotos ás redes coñecendo as posbilidades e os riscos que comporta un uso inadecuado. O noso mapeo das emocións básicas deste curso foi este ... tendo en conta que as emocións básicas son comúns a todas as persoas, independentemente de onde procedan ou vivan, quixemos nomealas en varios idiomas ... e este é o traballo final!! Mural do curso pasado situado no 2º anar do Edificio Antela Dinámicas realizadas noutros cursos : a que teño medo ? O centro adquiríu bibliografía específica sobre Educación Emocional, recomendada no Grupo de Traballo Educación Emocional na FPBásica no que participo...