IGUÁLA-T

 

PROXECTO MULLERES CON ÁS

Mulleres con Ás

Lumecú ten un obxectivo claro, por en valor o matriarcado da muller galega, e para iso creamos Mulleres con Ás onde votamos unha ollada os oficios do pasado para ver de que forma se representan actualmente na nosa sociedade.

Gustaríanos comezar con mulleres que para nos teñen un poder representativo en Galicia. Sabemos que se nos quedan algúns oficios no camiño, pero trataremos de representalos más adiante, porque de seguro sabemos que o qué en Galicia temos son mulleres con pasado, presente e futuro.

Mulleres con Ás colaboran cos centros que o soliciten en crear proxectos sobre Igualadade e que poñan en valor a Muller e o Emprendemento no rural e dende o rural.

No curso pasado tivemos a sorte de crear o noso proxecto singular de #mulleresconásdoieslagoadeantela,  a partir das Mulleres con Ás relatadas por  Luz Fandiño, Elena Ferro, Tamara Andrés, Lucía Pérez, Eva López, Muuhulloa, María Cheda, Verónica Ramallal, Carmela e Mercedes Veites, Lumecú, todas elas, a súa vez #MulleresconÁs.

No  curso 2021-22 continuamos o proxecto coa mesma ilusión e co obxectivo de revalorizar o emprendemento no rural dende os REFERENTES de cada quén, como pode ser a TERRA ou ROSALÍA , REFERENTES para Esther e para Luz Fandiño, Mulleres con Ás que motivarannos a buscar os nosos... en quen ou en que nos miramos, en quen ou en que nos fixamos para emprender o noso camiño?.


 Instagram Mulleres con Ás

 

Mulleres  con Ás 2022-23  


No curso 2022-23 damos un paso máis... ABRIMOS AS ÁS, POÑEMOS COR Á IGUALDADE. 

  

Un ano máis queremos presentar unha forma de ver a igualdade, máis real, visible e humana. Ó longo destes anos presentamos a mulleres diversas representativas de Galicia e co paso do tempo fomos coñecendo historias que marcaron as nosas vidas, e esas historias foron as que nos fixeron darnos conta que hai moitas persoas con moito que transmitir ás xeracións vindeiras. É por iso polo que non queremos gardalas só para nós, senón que todos teñan a oportunidade de escoitalas, pensar e valorar a función que cada un pode levar a cabo para crear unha sociedade mellor, máis igual, máis libre e sobre todo chea de RESPECTO.

Para iso este ano queremos que sexan ELAS as que conten as súas vivencias aos rapzaces e rapazas e eles mesmos poidan preguntarlle en persoa todas as inquedanzas.

Este ano o proxecto desenvólvese en tres partes: 

1ª. Visualización na aula do vídeo motivacional Mulleres con Ás 2023.

2ª. Visita ó Museo Etnográfico da Limia (Vilar de Santos), onde as Mulleres, ELAS, elixidas este ano como REFERENTES, nos conten as súas vivencias en primeira persoa e así lles poidamos preguntar todas as nosas inquedanzas.

Xogo por grupo ó Trivial de Mulleres con Ás.

3ª. Presentación da Muller con Ás de cada grupo participante no proxecto. Cada aula contará con 15 días para elixir e preparar a súa Muller ou pode ser un Home que os inspire ou que viran que fixo un esforzo nalgún momento por tratar de crear igualdade entre homes e mulleres na sociedade. 

O obxectivo final da activiade é que unha aula resulte gañadora ponderando a puntuación do xogo e da presentación da súa muller con Ás. A aula gañadora recibirá unha bolsa personalizada coa gravación do nome da Muller ou Home con Ás referente gañadora.

Todas as presentacións serán gravadas e montarase un vídeo onde queden recollidas todas as Mulleres con Ás do IES Lagoa de Antela 2023.

As actividades e o proxecto final publicarémolo neste blog.



RECURSOS

 Recursos e materiais, Consellería de Igualdade

Neste portal ofrécese información de interese para abordar a coeducación no ámbito educativo e recursos que axuden a traballar a igualdade 

Estudo "Menores y violencia de género". Ministerio de igualdade 2020. 

Esta publicación recolle os resultados da análise dunha enquisa realizada a 10.465 menores, de 14 a 18 anos, de 304 centros educativos de Eduación Secundaria de España, 3.045 docentre e 227 Equipos Directivos. O principal obxectivo é da investigación é avanzar no coñecemento de como é a situación dos e das menores en xeral respecto á igualdade e a violencia de xénero,prestando unha especial atención a quen vivíu a violencia de xérno contra as súas nais or parte das súas parellas ou exparellas, e comprando a súa situación con quen non vivíu dita violencia.

Material: Violencia de Género

Autoría: Mª José Díaz- Aguado Jalón (Dirección general), Rosario Martínez Arias (Metodología) y Javier Martín Babarro (Ejecución técnica).

Edición: Ministerio de Igualdad

Ano publicación: 2020

Número de páxinas:  373 páginas

NIPO: 048200107

Tamaño: PDF (Resumo Ministerio)

PDF completo

Idiomas: español

 

Talleres por la Igualdad 


 ASOCIACIÓN ARELAS: www.asociacionarelas.org

VISIBILIZACIÓN DO COLECTIVO TRANS CARTEIS MULLERES TRANS 8M ARELAS UNIDADES DIDÁCTICAS 8 M ARELAS DIRIXIDAS AOS CURSOS DE 1º A 3º ESO UNIDADES DIDÁCTICAS 8 M ARELAS DIRIXIDAS AOS CURSOS DE 4º ESO, BACHARELATO E FPBÁSICA GUÍA PARA O PROFESORADO "MULLERES TRANS 8 M"

Comentarios

Publicacións populares deste blog