Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2025

QUÉROTE + CURSO 2024-25

Continuamos co desenvolvemento  das unidades do Programa Quérote +: hoxe reflexionamos sobre Orientacion e Identidade.   Para falar sobre estes dous termos visualizamos curtametraxes como “Por un beso” e “Pancarta”   co seu posterior debate, e algunas das infografías de “No soy tu chiste”. Tamén fixemos unha revisión das diferentes bandeiras reivindicativas do colectivo LGTBIQ+. A seguir o alumnado participou na creación de varios cartaces falando da diversidade, tolerancia e respecto cando falamos de orientación e identidade.