QUÉROTE + CURSO 2024-25
"A educación sexual", tema de hoxe. A segunda das actividades “ A Educación sexual” realizouse no laboratorio de Ciencias. A actividade celebrouse o 22 de xaneiro de 2025. Logo dunha pequena charla, o alumnado encheu unha lista de conceptos que se relacionaban co sexo, e a partir desta realizouse unha posta en común, onde se anotaron todos estes termos organizándoos en diferentes temáticas. Foi unha sesión ben interesante que puxo de manifesto a violencia e o machismo que rodean habitualmente aos temas sexuais. O 25N realizouse unha actividade co grupo con motivo de celebración do día contra a violencia machista. Para iso se realizaron diferentes preguntas, escollidas dentro do argumentario anti-feminista habitual, que se contestaron con datos actualizados para desmentir moitos bulos sobre a violencia contra as mulleres. Esta presentación foi empregada grazas á participación do profesorado na Rede Educativa Galega para o Ap...