QUÉROTE + CURSO 2024-25

 "A educación sexual", tema de hoxe.

A segunda das actividades “ A Educación sexual” realizouse no laboratorio de Ciencias.

 

 

A actividade celebrouse  o 22 de xaneiro de 2025. Logo dunha pequena charla, o alumnado encheu unha lista de conceptos que se relacionaban co sexo, e a partir desta realizouse unha posta en común, onde se anotaron todos estes termos organizándoos en diferentes temáticas. 

 

Foi unha sesión ben interesante que puxo de manifesto a violencia e o machismo que rodean habitualmente aos temas sexuais. 

O 25N realizouse unha actividade co grupo con motivo de celebración do día contra a violencia machista.

Para iso se realizaron diferentes preguntas, escollidas dentro do argumentario anti-feminista habitual, que se contestaron con datos actualizados para desmentir moitos bulos sobre a violencia contra as mulleres.

Esta presentación foi empregada grazas á participación do profesorado na Rede Educativa Galega para o Apoio LGTBIQ+. Dentro da rede facilitaron o material elaborado polo IES Wirtz.

  

 

O video elaborado polo instituto foi modificado parcialmente para facer unha presentación onde primeiro se presentaba unha pregunta, onde o alumnado debía responder e a seguir amosábase a resposta final con datos recollidos sobre violencia machista.  

 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog