QUÉROTE + CURSO 2024-25
Presentación do Programa Quérote +, no IES Lagoa de Antela. O programa Quérote máis desenvólvese en centro de todo o país cun obxectivo común: Que mozas e mozos aprendan a coñecerse, a aceptarse e a vivir a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio. Con esta fin comezamos o programa Quérote + no 1º curso de FPB de Cociña e Restauración no IES Lagoa de Antela. A presentación do programa realizouse o 18 de decembro A persoa coordinadora do programa presentou ao alumnado cales eran as actividades que se realizarían ao longo do curso dentro da iniciativa Quérote+ Logo de falar do funcionamento e das actividades a realizar, coñecemos a ubicación do centro de referenza en Ourense e tamén realizamos unha consulta virtual de cada un dos nosos alumnos na área de consultas. Quérote+