Durante o mes de maio realizouse a gravación do video "Tour de Acollida" co
motivo de achegar a vida do centro e darlle a benvida ó alumnado de 6º
de Educación Primaria dos centros da Comarca adscritos ó noso IES.
O
vídeo foi gravado e editado por alumnado de 2º ESO colaborador coa
coordinación da orientadora e a colaboración do profesorado titor, outro profesorado e co apoio do equipo directivo. Moitas grazas
pola vosa colaboración e entusiasmo!.
Como o fixemos?
1º Actividade previa de motivación nos centros adscritos coa colaboración dos departamentos de orientación e o profesorado titor do alumnado do 6º curso: chuvia de preguntas, dúbidas sobre a vida no instituto e a súa organización. Cada centro enviou a súa lista de cuestións para ter en conta na Xornada de Acollida realizada o día 27 de maio de 2022.
2º Xa no instituto fixemos tres equipos de traballo con alumnado de 2º ESO voluntario. Distrubuimos as preguntas por categorías e repartímolas entre cada grupo.
3º A alumnado colaborador tivo que buscar a alumnado de 1º ESO que quixera participar, coa condición que houbera representación de todos os centros adscritos e outros lugares.
4º Unha vez feita a lista de participantes, os equipos repartiron as preguntas e asignáron ó alumnado de 1º ESO colaborador a cada equipo.
5º Gravaron por separado os videos e editaron o video final.
6º O 27 de maio, día da Acollida, o alumnado de 2º ESO colaborador fixo de guía para o alumnado de nova incorporación, seguindo un plan organizado previo e acompañados polo equipo directivo e a orientadora.
O día da Xornada de Acollida recibimos a todo o alumnado do 6º curso e puideron ver o video final.
Comentarios
Publicar un comentario