Neste blog queremos darlle visibilidade ás actividades dos Plans Proxecta e os Contratos Programa nos que participa o IES Lagoa de Antela
EMOCIÓNA-T
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
-
PROXECTO EDUCACIÓN EMOCIONAL
A GALAXIA DAS EMOCIÓNS
Ó longo do 2º e o 3º trimestre o alumnado dos cursos de 1º ESO e FPB tivo a oportunidade de coñecerse un pouco máis a sí mesmo e a aprender a recoñecer as emocións, a nomealas e a xestionalas de xeito máis positivo e construtivo. Tamén aprenderon a tratar dixitamente as imaxes e a subir fotos ás redes coñecendo as posbilidades e os riscos que comporta un uso inadecuado.
O noso mapeo das emocións básicas deste curso foi este ... tendo en conta que as emocións básicas son comúns a todas as persoas, independentemente de onde procedan ou vivan, quixemos nomealas en varios idiomas
... e este é o traballo final!!
Mural do curso pasado situado no 2º anar do Edificio Antela
Dinámicas realizadas noutros cursos : a que teño medo?
O centro adquiríu bibliografía específica sobre Educación Emocional, recomendada no Grupo de Traballo Educación Emocional na FPBásica no que participou profesorado de FPB dos IES de Celanova e o IES Lagoa de Antela.
Comentarios
Publicar un comentario