QUÉROTE + CURSO 2024-25

 

"Hoxe damos a clase nós"

O día 28 de maio, realizamos a última actividade do programa “Hoxe damos a clase nós”

Para iso realizouse unha pequena presentación da curtametraxe “ O consentimento explicado cunha taza de té”, onde se fixeron capturas da mesma, e se completaron con bocadillos onde se podía ler o contido da curtametraxe.

 

Estas imaxes foron impresas e recortadas e pegadas ao longo do instituto en diferentes espazos, sen facer referenza a nada, simplemente co obxectivo de esperatar a curiosidade dentro da comunidade educativa. 

 

Coláronse diferentes viñetas e tazas de té ao longo do centro de ensino.  

 

 

Logo de realizar esta actividade tamén se pegaron outros carteles no instituto cun QR para acceder á curtametraxe, coa intención de que aquelas persoas que viran previamente os cartaces e tazas de té puideran entender o significado dos mesmos

 

 


Comentarios

Publicacións populares deste blog