QUÉROTE + CURSO 2024-25
O mes de abril adicámolo a "cultivando habilidades".
Logo de visualizar a presentación de diapositivas do programa Quérote máis, falamos de como e cando tomamos decisións. Para iso varias persoas do grupo escenificaron as situacións propostas no programa:
- No Instagram ves que alguén do instituto subiu unha foto na praia na que se lle ven os pelos da axila e nun grupo do Whatsapp comentan que é noxento, que a quen se lle ocorre subir esa foto. Como reaccionarías a eses comentarios? Dirías algo ao respecto ou non participarías desa conversa
- Levas tempo coa túa parella e proponche ter relacións sexuais. Ti non o ves aínda claro, pero insiste dicíndoche que xa o necesita e que, ademais, todo o mundo xa o fixo. Que lle dirías?
- A túa parella pídeche tatuarvos os vosos nomes como mostra de amor. Que farías?
Logo destas tres representacións visualizamos a curtametraxe “O consentimento explicado cunha taza de té” que deu pé a un interesantes debate sobre o consentimento nas relacións sexuais, e o claro que resulta de entender ao equiparalo cunha taza de té.
Por último visualizamos e comentamos o video sobre o Experimento de conformidade Asch e a presión de grupo.
Comentarios
Publicar un comentario