QUÉROTE + CURSO 2024-25
A relación dos sexos a través da tecnoloxía.
Hoxe fixemos a actividade "A relación dos sexos a través da tecnoloxía" na que falamos sobre ciberbullying, envío de fotografías e contidos íntimos, control virtual, ghosting…
Grazas a esta actividade puidemos poñerlle nome a algunhas actividades e accións que a cotío se realizan a través da tecnoloxía, e debatir sobre a súa legalidade.
Nesta actividade lembramos algunhas das curtametraxes vistas na anterior, como por exemplo “Contraseña” dando pé a falar do control sobre os nosos dispositivos móbiles que ás veces exercen as parellas.
Outra das temáticas que máis debate xurdiu foi a diversidade corporal, e como a tecnoloxía e as redes fomentan un só tipo de corpos “válidos” e desexables.
Finalizamos esta actividade co visionado dun vídeo sobre o Sexting seguro.
Comentarios
Publicar un comentario