IGUÁLA-T MULLERES CON ÁS 2024
MULLERES CON ÁS 2023-24 (I)
Un ano máis iniciamos o Proxecto "Mulleres con Ás" coa colaboración de Mercedes Veites fundadora da empresa lumecú que nos trouxo este ano a unha Muller con Ás moooi especial, Mariana Carballal.
O alumnado de 2º ESO, que participa no proxecto, tivo a oportunidade de coñecer a Mariana Carballal, Muller intérprete, directora, docente... activista feminista, defensora dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
A primeira sesión do proxecto consistíu en ESCOITAR a Mariana e provocar a reflexión sobre o que é para nós unha Muller con Ás e ver cales son os nosos referentes. Foi o punto de partida para que cada quen pensara nos seus referentes e nas seguintes sesións elaborar A Muller con Ás do IES Lagoa de Antela 2024.
https://lumecu.gal/mulleres-con-as/luz-fandino


Comentarios
Publicar un comentario