INCLÚE-T
FANZINE "dni adn somos sentimos"
Proxecto realizado polo profesor de Educación Plástica e Visual, cuxo tema central elixido polo grupo de alumxs con talento especial para o debuxo e o deseño, foi "o que somos e o que sentimos".
Se queres o teu Fanzine, ponte en contacto cos profesores de plástica. Co recaudado, o grupo de alumnado que participou no proxecto, de 2º, 3º e 4º ESO, invertirase no inicio do próximo curso nunha saída á Escola de Arte Antonio Failde de Ourense e visitarase a Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Noraboa polo traballo!!
O longo do curso o centro adquiríu bibliografía con temática que trata a diversidade, un exemplo é o cómic Cheerleaders. Tamén mercáronse libros sobre Educación Sexual dirixidos ó alumnado, aos pais e nais e ao profesorado, a maior parte localizados na biblioteca do centro.




Comentarios
Publicar un comentario