Quérote + 21-22

 

Primeira Actividade do Programa de Educación Sexual, A convivencia entre os Sexos.

QUÉROTE +

Hoxe, día 24 de novembro,  de novo tivemos a sorte de ter no noso centro  a Laura López, psicóloga e sexóloga do centro Quérote + de Ourense

A actividade foi dirixida ó alumnado de 3º ESO  e está enmarcada no Programa de Educación Sexual Quérote +,  a Convivencia entre os Sexos,  no que participa o noso centro.

O alumnado de 3º ESO participou activamente nas dinámicas plantexadas e  reflexionou sobre  o proceso de sexuación (o que Somos), a sexualidade ( o que Vivenciamos)  e a erótica do desexo ( o que Expresamos). 

Tamén se lle deu a coñecer o Servizo de Información e Asesoramento á Mocidade Quérote +, informándoos das liñas de Asesoramento e os modos para utilizar o recurso.

Nos próximos días o grupo de profesoras e profesoras que paraticipan no Plan Proxecta, continuarán co Programa Quérote + para este curso 2021-22. 

Aclarando Conceptos




 

 



 

Comentarios

Publicacións populares deste blog