MULLERES CON ÁS DO IES LAGOA DE ANTELA

PROXECTO MULLERES CON ÁS

Mulleres con Ás

Lumecú ten un obxectivo claro, por en valor o matriarcado da muller galega, e para iso creamos Mulleres con Ás onde votamos unha ollada os oficios do pasado para ver de que forma se representan actualmente na nosa sociedade.

Gustaríanos comezar con mulleres que para nos teñen un poder representativo en Galicia. Sabemos que se nos quedan algúns oficios no camiño, pero trataremos de representalos más adiante, porque de seguro sabemos que o qué en Galicia temos son mulleres con pasado, presente e futuro.

Mulleres con Ás colaboran cos centros que o soliciten en crear proxectos sobre Igualadade e que poñan en valor a Muller e o Emprendemento no rural e dende o rural.

Neste curso tivemos a sorte de crear o noso proxecto singular de #mulleresconásdoieslagoadeantela,  a partir das Mulleres con Ás relatadas por  Luz Fandiño, Elena Ferro, Tamara Andrés, Lucía Pérez, Eva López, Muuhulloa, María Cheda, Verónica Ramallal, Carmela e Mercedes Veites, Lumecú, todas elas, a súa vez #MulleresconÁs.


 
 

PRESENTACIÓN DO PROXECTO “MULLERES CON ÁS”.

O proxecto “Mulleres con Ás” ten como obxectivo poñer en valor a igualdade e o emprendemento no rural.

Cando? Durante a semana do 8 M  e posteriores

Que? Presentación do proxecto "Mulleres con Ás" e partipación nas actividades que vos propoñemos

Como? Coa participación activa do alumnado de 2º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato.


ACTIVIDADE Nº 1. 

PRESENTACIÓN DO PROXECTO “MULLERES CON ÁS”.

O proxecto “Mulleres con Ás” ten como obxectivo poñer en valor a igualdade e o emprendemento no rural.

Mercedes Veitez, muller emprendedora dende o rural, xunto con outras mulleres galegas emprendedoras, preséntanos o vídeo  “Mulleres con Ás”.

Pódese ver o video no Instagram: https://www.instagram.com/p/CMCXJMgDZaV/

Tamén podedes ver o proxecto lumecú.gal, creado pola emprendedora Mercedes Veitez.

https://www.instagram.com/lumecu_/

 

ANTES DE VER O VÍDEO MULLERES CON ÁS , REFLEXIONAMOS:

-          Por que o 8 de marzo?

-          Que é para vos unha muller con ás?

 

DURANTE E DESPOIS DE VER O VÍDEO:

Guión-preguntas clave:

  1. Cales son as Mulleres con Ás 2021?

  2. A que se dedican?

  3. Que as fai ser unhas Mulleres con Ás?

  4. Emprender dende o rural con igualdade é posible?

  5. Que é para Ti unha Muller con Ás?

  6. Saberiades dicirnos unha Muller con Ás que teñades ó voso redor?

     

  • Pensade, resultado do consenso do grupo, na vosa Muller con Ás.

  • Describide por que a considerades unha Muller con Ás.

  • Facede unha presentación sobre ela.

 

ACTIVIDADE Nº 2.

1. PRESENTACIÓN DA VOSA MULLER CON ÁS.

  1. Despois de crear a vosa “Muller de con Ás”,  facede unha presentación sobre ela.

  2. Logo de  presentar a Vosa Muller con Ás debedes dicirnos un nome e un adxectivo que a defina.

  3. Mercedes Veites e a súa compañeira “Pekecha”, Muller con Ás do vídeo, elixirán á que lles pareza a mellor Muller con Ás.

2. XOGAMOS Ó TRIVIAL DA IGUALDADE.

Xogo grupal ó Trivial da Igualdade baseado no vídeo “Mulleres con Ás”, na exposición do Instituto sobre “#8M-Mulleres da Limia”  e outros conceptos sobre igualdade.

As respostas deben ser debatidas e acordadas polo grupo.

3. PUNTUACIÓN.

- 40 %  da puntuación “Presentación da Muller con Ás” de cada grupo.

- 60% da puntuación obtida no trivial.

4. PREMIOS:

- Ó grupo finalista que acade maior puntuación.

- Agasallo individual aos alumnos e alumnas que consideren Mercedes Veitez e Pequecha como resultado do seu esforzo individual por aportar e presentar unha muller con Ás sen haber un consenso de grupo.

 

ACTIVIDADE Nº 3.

CREACIÓN DO VÍDEO “MULLERES CON ÁS DO IES LAGOA DE ANTELA 2021”.

Mercedes Veitez, muller emprendedora dende o rural, xunto con outras mulleres galegas emprendedoras, presentáronnos o Vídeo “Mulleres con Ás”.

Despois de visualizar o vídeo deron as pautas para crear a Vosa Muller con Ás e presentala no grupo.

Houbo un agasallo moi especial para o grupo gañador e tamén agasallos individuais valorando o esforzo e a participación na creación da súa Muller con Ás... Agora damos un paso máis e queremos contar con vós para crear un vídeo da “Mulleres con Ás” do IES LAGOA DE ANTELA 2021.


COMO IMOS FACER?

Propoñémosvos afondar sobre a vosa proposta de “muller con Ás” , para iso vos deixamos a continuación un  GUIÓN para a creación do vídeo.

Este guión ten o obxectivo de que proxectedes as vosas mulleres con Ás nun vídeo de 5 minutos, deste xeito preséntaos as Mulleres con Ás do IES LAGOA DE ANTELA 2021.

-     QUEN É A TÚA MULER CON ÁS?

-     QUE A FAI SER UNHA MULLER CON ÁS?

-     COMO A DESCRIBIRÍAS NUNHA PALABRA?

Cada grupo decidirá como quere describir a súa muller con ás, que recursos utilizar, e.t.c (con cartolinas, entre varios, e.t.c)

 

CONSELLOS!!

-          CEÑÍDEVOS ÁS PREGUNTAS

-          SEDE CLAROS AO FALAR

-          PRACTICADE ANTES PARA VER CANTO TEMPO VOS LEVA FALAR.

 

CANDO O FACEMOS?

  • Preparación  do guión durante as vacacións de Semana Santa.

  • Na semana do 6 ó 9 de abril e o 12, 13, 14, expoñer a súa presentación na aula, podedes facer un ensaio de gravación.

  • Gravación do vídeo por un técnico de Mulleres con Ás  na primeira semana de maio (datas aproximadas). Avisarémosvos con tempo!!

 

A PRACTICAR ATA A GRAVACIÓN, QUEDARÁ UN VÍDEO MOI CHULO!!

 

Aquí vos deixamos unha mostra das actividades realizadas, falta o vídeo final que pronto o teremos listo!!

Tamén podedes ver máis no instagram de Mulleres con Ás e no instagram do Quérote +, https://www.instagram.com/p/CMctC8ZjL26/

Comentarios

Publicacións populares deste blog