QUÉROTE +

Primeira Actividade do Programa de Educación Sexual

QUÉROTE +

Hoxe, día 12 de novembro,  tivemos a sorte de ter no noso centro, unha vez máis, a Laura López, psicóloga e sexóloga do centro Quérote + de Ourense

A actividade foi dirixida ó alumnado de 3º ESO  e está enmarcada no Programa Quérote + de Educación Sexual, a Convivencia entre os Sexos,  no que participa o noso centro.

O alumnado de 3º ESO participou activamente nas dinámicas plantexadas e  reflexionou sobre  o proceso de sexuación (o que Somos), a sexualidade ( o que Vivenciamos)  e a erótica do desexo ( o que Expresamos). 

Tamén se lle deu a coñecer o Servizo de Información e Asesoramento á Mocidade Quérote +, informándoos das liñas de Asesoramento e os modos para utilizar o recurso.



 



 

  

Comentarios

Publicacións populares deste blog